A arte de transformar
Descubre como a imaxinación pode cambiar o mundo.

Transformando miradas
Unha parte esencial do noso traballo é a concienciación e a divulgación de hábitos de vida máis sostibles, especialmente desde as idades máis temperás.
Nos nosos obradoiros creamos espazos de experimentación e aprendizaxe, especialmente cos máis pequenos, para achegar a sustentabilidade dunha maneira práctica, creativa e participativa. A través do xogo e da creación, fomentamos a conciencia ambiental e a capacidade de imaxinar novas formas de relacionarnos co que nos rodea.
Porque aprender a reutilizar tamén é aprender a valorar o que temos ao noso redor.

O poder de crear
Vivimos rodeados de pantallas, estímulos constantes e unha velocidade que, moitas veces, non nos deixa espazo para parar, observar e crear.
Desconectar do dixital, aínda que sexa por un intre, permítenos volver conectar co esencial: conversar, crear, equivocarnos, aprender e gozar do proceso sen présas. É unha oportunidade para redescubrir o pracer de facer as cousas por nós mesmos e de compartir ese tempo con outras persoas.

Con alma e con calma
Cando creamos coas nosas mans, algo cambia. O tempo parece ir máis amodo, a mente céntrase no presente e as preocupacións quedan por un intre en segundo plano. Sen decatarnos, entramos nun estado de calma no que o importante xa non é facer algo perfecto, senón gozar do proceso.
Nos nosos obradoiros queremos ofrecer precisamente iso: un lugar onde desconectar do ritmo acelerado, conectar coa creatividade e recuperar o pracer de facer as cousas por un mesmo.