Repensando a moda

En Dipataca, cremos firmemente nun futuro no que a moda e a sustentabilidade van da man. Descobre como convertemos o consumo responsable nunha declaración de estilo, respectando ao mesmo tempo o planeta e as persoas que fan posible cada prenda.

A moda sostible é unha elección consciente

Por desgraza, a industria da moda é a segunda máis contaminante do planeta. En Dípataca somos conscientes deste impacto. Por iso, convidámosvos a adoptar hábitos de consumo máis responsables e sostibles. Cada decisión de compra é unha oportunidade para contribuír a un futuro mellor.

Cero refugallos,              posibilidades infinitas

En Dipataca, guiámonos por unha filosofía de refugallo cero. Aproveitamos prendas existentes e en perfecto estado para promover o mercado de segunda man, a reutilización creativa (upcycling) e a personalización, dándolles unha nova vida e creando pezas únicas cheas de vida. Isto beneficia os nosos clientes, ao ofrecerlles prendas exclusivas; o planeta, ao reducir os residuos; e as persoas que as crean, ao garantirlles un traballo digno.

Produtos con alma,                    feitos cun propósito

A nosa misión é garantir que os nosos produtos sexan verdadeiramente sostibles e éticos. Para iso, promovemos a compra de artigos artesanais: pezas creadas por persoas que lles imprimen alma. Buscamos e ofrecemos produtos certificados pola súa sostibilidade e polo respecto tanto ao medio ambiente coma ás persoas que interveñen na súa elaboración, asegurando a trazabilidade e a equidade en cada etapa do proceso.

"É importante darse conta de que o cambio é necesario. O planeta precísao.

Nos o precisamos.

O equipo de Dípataca