Vestir con conciencia

Roupa sostible, con tecidos orgánicos e pezas feitas a man, creadas para durar e respectar as persoas e o planeta.

A historia detrás de cada prenda

Cada peza da nosa colección conta unha historia: unha historia de materiais naturais, de mans que crean con mimo e dun compromiso por facer as cousas de xeito diferente. Apostamos pola moda consciente, onde cada detalle conta e cada prenda está deseñada para durar, transmitir autenticidade e contribuír a un consumo máis responsable.

Materiais naturais

Seleccionamos coidadosamente tecidos orgânicos e sostibles que respectan a túa pel e o planeta.

Deseño atemporal

Apostamos por unha moda consciente, onde cada detalle importa e cada peza está pensada para durar, transmitir autenticidade e contribuír a un consumo máis responsable.

Confort auténtico

A nosa colección está pensada para persoas que valoran a calidade por riba da cantidade e que buscan vestir con autenticidade, sen renunciar a elegancia.

Un estilo con valores

A nosa colección está deseñada para quen valora a calidade por riba da cantidade e busca vestir de xeito auténtico. É ideal para persoas que aprecian os materiais naturais, a comodidade e un estilo atemporal sen renunciar á elegancia. Diríxese a quen é consciente do impacto das súas decisións de compra e prefire pezas duradeiras, elaboradas con respecto tanto polas persoas coma polo medio ambiente.

As nosas camisolas

As camisolas Dípataca encarnan a esencia da nosa marca. Sinxelas, cómodas e confeccionadas con tecidos orgánicos, están deseñadas para formar parte duradeira da túa vida cotiá, demostrando que é posible vestir con estilo e conciencia.

Refugallo Cero

Onde moitos ven lixo, nos vemos todo un mundo cheo de posibilidades. As prendas e complementos feitos a man son a máxima expresión de Dípataca. Cada un deles elabórase con mimo, aproveitando todos e cada un dos materiais e os detalles que fan única cada peza. Descobre a beleza dunha artesanía consciente.