Unha forma de estar no mundo
En Dípataca entendemos a sustentabilidade como un compromiso que se vive e se comparte. Por iso, unha parte fundamental do noso proxecto é achegar esta forma de entender o mundo a través da divulgación, a educación ambiental e a participación activa.

Aprendamos xuntos
O cambio comeza moitas veces cunha conversa. Por iso, en Dípataca participamos en espazos de encontro para compartir coñecementos, experiencias e reflexións arredor da sustentabilidade.
A través de charlas e encontros divulgativos achegamos temas relacionados co consumo responsable, o coidado do medio ambiente e as pequenas decisións que podemos incorporar no noso día a día.
Falamos, escoitamos e aprendemos xuntos, porque unha sociedade máis consciente constrúese tamén compartindo preguntas, ideas e novas formas de ver o mundo.

Á beira do cambio
Protexer o medio ambiente tamén significa implicarnos, facernos responsables do lugar no que vivimos e entender que cada pequeno xesto suma na construción dun futuro máis respectuoso co planeta.
Participamos en limpezas de praias e outras iniciativas ambientais que nos permiten coñecer de preto a realidade do noso entorno, reflexionar sobre o impacto das nosas accións e contribuír activamente á súa conservación.

A túa voz conta
A palabra tamén transforma. Por iso, desde a nosa sección semanal Onda Vital de Radio Voz Bergantiños queremos achegar a sustentabilidade á vida cotiá, poñendo voz a persoas, historias e propostas que demostran que o cambio é posible cando compartimos coñecemento e experiencias.
Cada programa é un espazo para compartir ideas, coñecer iniciativas, descubrir proxectos inspiradores e achegar pequenas reflexións que nos axuden a vivir dun xeito máis respectuoso co planeta.